A_esquerda_ante_o_colapso_da_civilización_industrial

InicioContidosAutorPrólogoGrazasReseñasBibliografíaAnexosCitasPresentaciónsContactoConségueo

(Existe traducción de este anexo al castellano, realizada por Pau Valverde Ferreiro y publicada en el blog The Oil Crash, y también al italiano, realizada por Massimiliano Rupalti a partir de la castellana por para el blog de Ugo Bardi Effetto Risorse.)

Anexo II: Algunhas medidas públicas de mínimos para unha estratexia facilitadora da adaptación social pospetróleo

  • Apoiar decididamente a creación e/ou consolidación das redes locais de distribución de alimentos, e as cooperativas de consumo ecolóxico e local.
  • Apoiar os proxectos de moeda complementaria que teñan unha función social e útil para a transición.
  • Favorecer a creación de bancos de tempo.
  • Colaborar para a realización de todo tipo de xornadas de divulgación social do Peak Oil e das súas implicacións para a nosa sociedade.
  • Apoiar as redes de distribución locais e mais o comercio de proximidade de elementos de primeira necesidade.
  • Axudar economicamente a empresas locais que fornezan produtos sustitutivos dos importados en áreas de primeira necesidade.
  • Favorecer a formación de persoas desempregadas en novos oficios e servizos para a resiliencia
  • Apoiar e promover a recuperación de saberes, técnicas e oficios tradicionais.
  • Pór en marcha campañas mediáticas a prol do consumo dos produtos locais.
  • Realizar campañas informativas de fomento e recoñecemento do consumo e uso de bens e servizos con menor intensidade enerxética.
  • Revisar os curricula educativos para incluír neles a capacitación dos estudantes en habilidades e coñecementos precisos para unha vida pospetróleo
  • Revisar os libros de texto escolares, nomeadamente na área de coñecemento do medio, para incluír a visión histórica da relación entre a nosa especie e a enerxía, ata chegarmos ao momento actual de fin dunha era de abundancia enerxética.
  • Introducir o ensino da Permacultura e técnicas afíns en todos os niveis formativos e áreas onde sexa aplicable.
  • Manter e potenciar o ensino no medio rural.
  • Promover as escolas populares, os ateneos e outros mecanismos de autoformación colectiva dos cidadáns, facilitándolles, por exemplo, locais e a adquisición de material formativo.
  • Promover unha nova cultura enerxética que poña énfase no aforro, na eficiencia, e nuns modelos de mobilidade e ordenación do territorio que reduzan o consumo real.
  • Priorizar as axudas económicas ás empresas a que poñan en marcha plans de aforro enerxético ou que se teñan auditado enerxeticamente e teñan mostrado unha alta eficiencia enerxética.
  • Promover actuacións económicas paliativas nas zonas con presenza de actividades fortemente consumidoras de enerxía ante futuras e posibles reducións de tales actividades.
  • Realizar estatísticas continuadas da utilización de enerxías primarias, do uso e transformación das mesmas así como do consumo por tipos de enerxía e usuario, que permitan dispor da información suficiente para estabelecer liñas de actuación gobernamental e facer un seguimento do seu cumprimento.
  • Promover decididamente o mantemento e ampliación da poboación no rural, en detrimento das áreas urbanas, mediante leis e medidas específicas que faciliten o retorno ao campo en todos os terreos: económico, ambiental, de servizos, vivenda, calidade de vida, etc. Fomentar as ecoaldeas como un modelo válido para a revitalización do rural, así como priorizar os proxectos colectivos para a recuperación de aldeas ou para o retorno ao campo en xeral.
  • Promover o illamento térmico das vivendas, o seu aproveitamento solar pasivo e penalizar un alto consumo enerxético na súa construción.
  • Difundir no sector da construción as posibilidades da arquitectura bioclimática e subvencionar a súa aplicación na construción e reforma de vivendas e outros edificios.
  • Fomentar, coa colaboración dos concellos, a agricultura/horticultura urbana ecolóxica mediante campañas, cursos, incentivos diversos, cesión de espazos e apeiros, subvención de sementes, etc.
  • Aproveitar fincas non utilizadas de titularidade estatal, para a creación de hortas urbanas comunitarias e ecolóxicas.
  • Promover que os concellos faciliten tamén a creación de hortas urbanas nos terreos da súa propiedade.
  • Promover que se cren hortas para autoprodución de alimentos nos xardíns das urbanizacións privadas.
  • Favorecer un uso do monte autocentrado, sostible, diverso e encamiñado a fixar poboación no rural.
  • Urxir a todos os responsables de instalacións de subministración de auga potable para que analicen a vulnerabilidade das mesmas diante dunha súbita carencia de derivados do petróleo ou de subministración eléctrica.
  • Subvencionar (por exemplo eliminando ou reducindo taxas) a compra, aluguer e reforma de vivendas no rural para persoas actualmente residentes en núcleos urbanos e que pretendan cambiar a súa residencia habitual ao rural ou persoas que queiran manter a súa residencia no rural.
  • Simplificar requirimentos para as obras e reformas no rural e potenciar que se realicen con material e man de obra local, ademais de con criterios de aforro enerxético.
  • Defender a parroquia como figura xurídica e unidade de poboación idónea para a relocalización da actividade social e económica na Galiza. Potenciar a bisbarra como elemento supramunicipal de artellamento do territorio.
  • Promover a soberanía e autosuficiencia alimentares. Apoiar a produción ecolóxica local. Prioridade absoluta do goberno: asegurar a subministración de alimentos á poboación.
  • Potenciar o banco de terras, tamén en zonas urbanas e perirurbanas para pór en contacto propietarios/as de fincas potencialmente produtivas con urbanitas interesados/as na produción hortícola para autoconsumo ou para venda.
  • Eliminar atrancos burocráticos e fiscais á venda en mercados locais de excedentes de alimentos autoproducidos.
  • Potenciar a posta en marcha de bosques de alimentos e outros proxectos de agroforestry.
  • Revisar a normativa relativa a requirimentos de materiais e embalaxes para os produtos hortícolas para facilitar o emprego de materiais locais non derivados do petróleo.
  • Modificar a normativa de axudas á incorporación de xente nova á produción agrogandeira á luz dunha necesaria simplificación de insumos e características técnicas das explotacións.
  • Fomentar a investigación en Permacultura, técnicas de cultivo, deseño de explotacións autosuficientes, tecnoloxías e especies axeitadas e outros aspectos para unha nova agricultura pospetróleo. Identificar insumos alternativos aos actuais, sistemas de prevención de pragas non químicos, etc. botando man tanto da historia agrícola do país e do saber tradicional, como das experiencias que funcionan noutros lugares.
  • Promover as feiras e mercados locais, sobre todo de alimentos.
  • Apoiar os bancos e redes de sementes locais, facilitándollas a calquera persoa interesada en cultivar alimentos.
  • Pór en marcha centros de uso comunitario para o envasado de alimentos e fabricación de conservas mediante sistemas de máxima garantía sanitaria e mínimo consumo enerxético. Divulgar desde estes centros, entre a poboación en xeral, técnicas de conserva caseira.
  • Promover a reconversión das explotacións agrícolas ao modelo agroecolóxico.
  • Promover a reconversión das explotacións gandeiras para aumentar o seu aforro enerxético e minimizar a súa dependencia de insumos do exterior.
  • Promover que se compartan os vehículos privados: con carrís reservados para estes coches nas estradas (coches con 3 ou máis pasaxeiros), exención de peaxes e outras medidas para a súa promoción.
  • Promover cooperativas de transporte privado (coches propiedade dos seus membros), clubes de aluguer de coche, redes de autostopistas rexistrados e outros sistemas semellantes. Facilitar o aluguer de coches para ocasionais viaxes longas.
  • Realizar campañas para a formación dos condutores de vehículos privados en condución para o aforro de combustible.
  • Facilitar e promover o uso da bicicleta (carrís-bici, etc.). Substituír estradas para coches por vías para bicicletas. Dar prioridade para a bicicleta no redeseño das vías.
  • Pór en marcha axudas para que cidades e vilas cren carrís-bici, aparcamentos para bicis en estacións de autobús e tren, e percorridos peonís.
  • Promover a compactación da semana de traballo: menos días de traballo por semana, concentrando as horas. Incentivar a xornada continua en empregos públicos, privados e horarios escolares.
  • Fomentar a recuperación dos autobuses de empresa para o desprazamento dos traballadores.
  • Revisar todos os tributos para penalizar aquelas actividades que obstaculicen a transición enerxética, e rebaixando ou anulando as taxas a aquelas que a favorezan.
  • Reducir a fiscalidade aos comercios de proximidade e pequenas tendas, sobre todo de alimentación e produtos necesarios.
  • Fomentar un cambio cultural con respecto ao consumo. Dentro del, promover intensamente os produtos locais fronte aos importados.
  • Favorecer fiscalmente as empresas que faciliten o teletraballo para evitar o desprazamento dos seus traballadores de fóra das cidades e como medida complementar favorecedora do retorno ao rural.
  • Favorecer fiscalmente o aluguer e compartir de todo tipo de equipamento como alternativa á compra-venda, e para favorecer a ampliación da vida útil dos produtos e maquinaria.
  • Penalizar a obsolescencia programada nos produtos industriais e favorecer a produción de bens para toda a vida.
  • Potenciar a fitoterapia entre os profesionais da medicina e mais a reciclaxe profesional tamén en técnicas de diagnóstico e tratamento de mínimo uso tecnolóxico, por exemplo no terreo da asistencia aos partos: fomentando a formación de matronas e doulas para asistencia de partos con mínima intervención e facilitando o parto na casa.
  • Estudar a vulnerabilidade dos centros de saúde, hospitais, etc. de titularidade pública diante dun escenario de escaseza enerxética e de materiais derivados do petróleo. Propor alternativas nun plan específico.
  • En colaboración cos profesionais da medicina do país, analizar en detalle qué outras transformacións é preciso acometer para preparar o sistema de saúde público nun contexto de carencia de enerxía e materiais.
  • Estimular a máxima saúde preventiva entre a poboación e potenciar hábitos de vida e alimentación saudables.
  • Realizar campañas de formación específica de persoas de todas as idades para a autoxestión e coidado colectivo e persoal da saúde, primeiros auxilios, etc.
  • Colaborar activamente para que se realicen charlas, xornadas, actividades formativas, actividades escolares, proxeccións de documentais, creación de proxectos interactivos, libros e bandas deseñadas divulgativos e prácticos vinculados con:
    • O Teito do petróleo.
    • Economía ecolóxica.
    • Aforro enerxético.
    • Decrecemento.
    • Resiliencia comunitaria.
    • Habilidades útiles nun mundo sen petróleo.
    • Agricultura natural/ecolóxica/tradicional.
    • Permacultura.
    • Autoprodución e conservación de alimentos.
    • Compostaxe caseira.
    • Cociñas solares.
    • Autoconstrución de sistemas de enerxía renovable.
    • Estilos de vida e alimentación saudables.
    • Tracción animal para a agricultura e o transporte.
    • Etc.
  • Fomentar a cultura de que só é preciso posuír aquilo que é verdadeiramente persoal, e que o resto é máis eficiente compartilo (bens comunitarios) mediante aluguer e outros sistemas.
  • Crear un centro autonómico de referencia permanente sobre estas cuestións, a modo de centro de experimentación e difusión, centro de demostración de técnicas sustentables, granxa-escola, etc. Debería coordinar e espallar experiencias a nivel comarcal e municipal que replicasen estas funcións e as aplicasen sobre o terreo en cada bisbarra.
  • Facer congresos divulgativos tamén dirixidos ás asociacións e entidades da sociedade civil, do mesmo modo que coas empresas.
  • Promover que as cidades e vilas se unan á rede de Cidades en Transición (Transition Towns).
  • Subvencionar a tradución e publicación en galego dos principais libros e documentais sobre o Peak Oil, mesmo mediante coedicións.
  • Potenciar a autoxestión e autoorganización da sociedade civil mediante un paquete de medidas específico. Fomentar en todos os terreos a autoorganización da sociedade civil, prestando axuda pero sen dirixismos.